Mercurio
español  |  galego
atrás

Actualidade

O PROXECTO MERCURIO PRESENTA OS PRODUTOS ÁBACO E E-PROMETEO

04/10/2007

O proxecto Mercurio, no seu interese de apoiar a adaptabilidade dos establecementos comerciais da provincia de Pontevedra aos cambios que se están a producir nos hábitos de consumo e ao uso das novas tecnoloxías; presentará o próximo xoves día 4 de outubro os produtos ábaco e e-prometeo.

 

 

A devandita presentación celebrarase ás 11.00 a.m. no salón de actos do Padroado de Turismo Rías Baixas.

 

 

ábaco, consiste nun CD interactivo multimedia sobre Xestión comercial para emigrantes retornados. Nel podemos atopar información útil sobre os pasos a seguir dende a idea inicial de crear un negocio ata a súa posta en marcha e xestión: trámites, organización, contabilidade, cargas fiscais, etc.

 

Dunha forma progresiva, e mediante exemplos e exercicios adquírese un coñecemento amplo de todo o que supón a Xestión Comercial dun negocio.

 

O contido está orientado aos emigrantes retornados, os cales, segundo os últimos estudios, son proporcionalmente máis emprendedores que os españois. Isto é consecuencia do que implica deixar o país de orixe e converterse en inmigrante e polo tanto, asumir riscos, característica esta última, que define os emprendedores. Se unha persoa que asume riscos se atopa nun ámbito favorable para emprender, é probable que remate creando unha empresa e teña éxito.

 

 

e-prometeo tamén se presenta en formato de CD multimedia e está orientado ao Comercio electrónico para mulleres empresarias. Hai que resaltar que o número de mulleres que dirixen ou participan en proxectos de Internet teñen cada día un maior crecemento. A rede posibilita a interacción, e as mulleres van tecendo esa" rede" na Rede, dándolles maiores posibilidades de ter un maior poder de decisión sobre as súas propias vidas. Ao igual que Ábaco, mediante unha presentación visual atractiva, as mulleres empresarias poderán adquirir os coñecementos necesarios para a súa introdución no comercio electrónico: criterios a seguir para a creación dun sitio Web, seguridade e privacidade, formas de pagamento, etc.

 

Por outra banda, infórmalles da celebración dos seminarios destes produtos multimedia. As datas e lugares dos seminarios son os seguintes:

 

 

 

ábaco: 18 de outubro Vigo, 25 de outubro Pontevedra e 6 de novembro Vilagarcía de Arousa. O horario será de 20.00 a 22.00hs

 

 

e-prometeo: 16 outubro Vigo, 23 outubro Pontevedra e 30 outubro Vilagarcía de Arousa. O horario será de 20.00 a 22.00hs

 

 

 

 

 

 

Deputación de Pontevedra
Proxecto confinanciado por:
Unión Europea eQual
Cámara Pontevedra Cámara Vilagarcía de Arousa Cámara Vigo Cámara Tui Asociación Provincial de Empresarias Caixanova Confederación de Empresarios de Pontevedra