Mercurio
español  |  galego
atrás

Actualidade

A Deputación de Pontevedra, coa participación dos Concellos de A Estrada, Baiona, Lalín e Marín, abrirá o próximo 15 de outubro catro oficinas para apoiar o sector do Comercio polo Miúdo.

05/10/2007

O sector de Comercio polo Miúdo atópase nos últimos anos exposto a unha serie de cambios no seu entorno (introdución novas tecnoloxías, cambios nos hábitos de consumo, novas normativas, etc.), que fan necesario realizar unha serie de accións para a adaptación dos recursos humanos, materiais e tecnolóxicos dos establecementos comerciais ós cambios do mercado e consegui-la modernización da estrutura comercial existente e mellora-la súa competitividade.
Como resposta a esta necesidade de adaptación, dende a Deputación de Pontevedra lévanse a cabo unha serie de accións para axudar ó sector mediante o proxecto Mercurio, plan integrado na Iniciativa Comunitaria EQUAL e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Con este proxecto pretendese que os comerciantes, asociacións e traballadores do sector poidan adaptarse o máis rapidamente posible a estas flutuacións.
Entre estas accións atópase a creación e posta en marcha, coa participación das correspondentes Concellos, de catro Oficinas de Asistencia Técnica ó Comercio (OATC) nos municipios de A Estrada, Baiona, Lalín e Marín, coa finalidade de asesorar e informar ós emprendedores, empresarios e traballadores do Comercio en calquera tema relacionado coa súa actividade.
Estas oficinas teñen previsto a súa apertura o 15  de Outubro e estarán localizadas dentro da Concellería de Comercio dos catro Concellos participantes. Trátase dunha experiencia piloto, onde os técnicos ó cargo de ditas oficinas atenderán ás necesidades do sector, converténdose nuns axentes canalizadores e interlocutores coas asociacións e dirixíndose ós traballadores, empresarios e emprendedores para:
Informar e asesorar ó sector naqueles ámbitos que lle sexa posible.
 Canalizar suxestións e solicitudes recibidas nas oficinas.
 Realizar a interlocución coas asociacións de empresarios, sindicatos e administracións.
 Promover a formación dos profesionais do sector.
 Axudar en temas relativos a realización de novos emprendementos.
 Asesorar ós emprendedores que queren iniciar a súa actividade no sector de Comercio polo Miúdo.

 

 

 

Deputación de Pontevedra
Proxecto confinanciado por:
Unión Europea eQual
Cámara Pontevedra Cámara Vilagarcía de Arousa Cámara Vigo Cámara Tui Asociación Provincial de Empresarias Caixanova Confederación de Empresarios de Pontevedra