Mercurio
español  |  galego
atrás

Actualidade

PRESENTACIÓN DE CINCO DESARROLLOS WEB DENTRO DO MARCO DO PROYECTO MERCURIOINCO DESARROLLOS WEB DENTRO DO MARCO DO PROYECTO MERCURIO

08/10/2007

O proxecto Mercurio, liderado pola Deputación Provincial de Pontevedra e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, dentro da iniciativa comunitaria EQUAL,  presentará o vindeiro luns día 8 de outubro cinco portais web independentes.

 

Este acto público celebrarase ás 11.00 a.m. no salón de actos do Padroado de Turismo Rías Baixas.

 

Esta iniciativa ten por obxecto o desenvolvemento da Sociedade da Información e as novas tecnoloxías para os Centros Comerciais Abertos. O que se pretende coa implantación destes cinco sistemas web independentes (CCA Redondela, CCA Gondomar, CCA Porriño, CCA Tui e CCA Sanxenxo Entretendas) é dar resposta a unha serie de necesidades:

 

-          Conseguir que o comercio local e as asociacións que o representan estén presentes na rede.
-          Habilitar unha nova canle de negocio para o comercio local.
-          Achegar os produtos dos comercios asociados directamente ós clientes.
-          Potenciar o asociacionismo dos establecementos comerciais a nivel municipal
-          Ofrecer servizos en liña ós asociados.
-          Permitir o acceso dos asociados ás novas tecnoloxías facéndoos partícipes do que se coñece como Sociedade da Información.

 

Esta é, por tanto, unha acción máis do proxecto Mercurio a favor do pequeno comercio na provincia para o estímulo do asociacionismo e a dinamización comercial tratando sempre de impulsar o movemento asociativo no sector comercial da provincia de Pontevedra.

 

 

Deputación de Pontevedra
Proxecto confinanciado por:
Unión Europea eQual
Cámara Pontevedra Cámara Vilagarcía de Arousa Cámara Vigo Cámara Tui Asociación Provincial de Empresarias Caixanova Confederación de Empresarios de Pontevedra